Porque o mundo evoluciona, 

a educación en La Salle tamén.

La Salle, unha escola para a vida.

logo-NCA---gal

O Novo Contexto de Aprendizaxe (NCA) é un marco pedagóxico e pastoral, con identidade propia, que presenta unha proposta organizativa, metodolóxica e avaliativa clara, que outorga sentido pleno á educación da persoa abordando de forma integral as súas dimensións emocional, cognitiva, corporal, social ou espiritual, ao longo das diferentes etapas do seu desenvolvemento. O alumno convértese en protagonista da súa propia aprendizaxe.

Claves NCA

Novo

polos medios que se utilizan para aprender para a vida e desde a vida.

Contexto

porque como se aprende é tanto ou más importante que o que se aprende.

Aprendizaxe

como centro do modelo fronte ao ensino tal e como o coñecemos.

Entenderse


Entender os demais


Comprender a realidade

Transformar o mundo

A resposta á escola de hoxe

O mundo está cambiando e a educación non pode quedar á marxe desta revolución na maneira de vivir e adquirir o coñecemento. La Salle ofrece unha resposta á escola de hoxe, centrándose na persoa, nos seus talentos, e buscando a forma de axudala a adquirir as habilidades e competencias que lle permitan transformar o mundo.

O alumno, centro da súa propia aprendizaxe

O NCA propón a persoa como protagonista do proceso ensinanza-aprendizaxe a partir das dimensións emocional, cognitiva, corporal, social e espiritual.

Piares esenciais do modelo NCA

Modelo experiencial

Vivir experiencias significativas permite, ademais de adquirir coñecementos, a construción da personalidade.

Modelo relacional

A aprendizaxe cooperativa axuda a interpretar, integrar, desde a propia aprendizaxe, as experiencias de coñecemento.

Ensinanza-aprendizaxe

O alumno protagoniza a súa formación e crecemento persoal dentro dun modelo en continua mellora.

Figura do educador

O educador é o mediador no proceso de aprendizaxe, acompañando o alumno no seu propio camiño.

Principios pedagóxicos

Os principios pedagóxicos son as nosas guías, son o que fundamenta e dá sentido ao noso proxecto. Marcan a diferenza e achegan valor á nosa proposta educativa e susténtana. En definitiva, son a esencia do Novo Contexto de Aprendizaxe (NCA) como resposta única ás novas necesidades que nos demanda a sociedade de hoxe.

Ámbitos de aprendizaxe

Os ámbitos de aprendizaxe son as contornas didácticas que permiten articular o currículo de forma integradora e están interconectados entre si, asegurando a aprendizaxe desde diferentes miradas e a través de contextos propios facendo posible unha escola que asume novas realidades de coñecemento.

Materiais propios

materiales-web-cls-gal

La Salle desenvolveu materiais propios que materializan o Novo Contexto de Aprendizaxe, apostando por unha educación integral, que xunta aprendizaxe cooperativa, creatividade e visión solidaria, e que se apoia nos nosos principios pedagóxicos.

Unha nova forma de educar e aprender

Casibom GirişJojobet Giriş Yapcasibomholiganbet girişbahsegel com girişcasibommeritkingcanlı casino siteleri