La Salle, outra maneira de entender a educación.

Carácter Propio
Logo_lema_la_salle_gallego_CMYK_Logo 2 tintas CMYK

La Salle é unha institución implantada en case un centenar de países que se dedica á educación baseada nos valores humanos e cristiáns. Entre os seus obxectivos atópase o de potenciar o desenvolvemento de capacidades, habilidades e destrezas para que cheguen a ser persoas autónomas, competentes, creativas e implicadas na construción dunha sociedade máis xusta e solidaria. Como institución está aberta á contorna e atenta ás demandas e necesidades do mundo educativo, laboral e empresarial, así como comprometida en levar adiante o seu proxecto como comunidade educativa. Para iso conta cun equipo de calidade profesional e humana enfocados na mellora continua e na innovación.

#MiraMáisAlá

Infantil

A formación dos máis pequenos estimula ámbitos de desenvolvemento esenciais, sentando as bases da aprendizaxe eficaz.

+ Información
Primaria

A experimentación, vivencia e construción de habilidades e destrezas permite crecer persoal e socialmente.

+ Información
Secundaria

Ensinamos a poñer en práctica os coñecementos adquiridos, apoiándonos sempre en valores.

+ Información
Bacharelato

Traballamos para formar mocidade madura a nivel intelectual e humano, capaz de actuar con responsabilidade.

+ Información
Ciclos Formativos

Educación enfocada ao desenvolvemento de distintas habilidades, capacidades e competencias.

+ Información
Universidade

Formación e investigación unidos para promover o coñecemento e potenciar as persoas.

+ Información
LOGO NCA GAL

A escola do futuro é unha realidade hoxe

La Salle, desde a tradición e a innovación, quere ser unha escola que prepara para a vida. Por iso, sensible a unha sociedade cambiante, dotouse de dinamismos que permiten aos nosos alumnos o desenvolvemento de competencias e capacidades dentro dun contexto de aprendizaxe que ten moi presentes as demandas sociais.

#NCALaSalle

Que é NCA?

Un marco pedagóxico e pastoral, con identidade propia, que presenta unha proposta organizativa, metodolóxica e avaliativa clara, que outorga sentido pleno á educación da persoa abordando de forma integral as súas dimensións emocional, cognitiva, corporal, social ou espiritual, ao longo das diferentes etapas do seu desenvolvemento.

 

Fundaméntase sobre principios pedagóxicos e ámbitos didácticos que poñen os alumnos no centro da aprendizaxe, propoñen ao educador como guía e mediador deste proceso, e ás familias como axente activo participante nel.

Queres saber máis?

Programas La Salle

Ulises

Crea

Optimis

Irati

Lectura Eficaz

Aprendizaxe Cooperativa

Hara

Queres saber máis?

Escríbenos.

Podes coñecer a situación e as etapas de cada centro La Salle consultando o mapa de centros.

 

Para saber máis sobre La Salle, os seus centros ou os seus programas, non dubides en poñerte en contacto connosco a través deste formulario ou contactando directamente co centro do teu interese.

Traballa connosco

    Consinto "Os seus datos seguros""Política de Privacidade"

    Responsable do tratamento:Hermanos de las Escuelas Cristianas – Distrito Arlep. / Dirección do responsable: CALLE MARQUÉS DE MONDEJAR, 32, CP 28028, MADRID (Madrid). / Finalidade: Os seus datos serán usados para poder atender as súas solicitudes e prestarlle os nosos servizos. / Publicidade: Só lle enviaremos publicidade coa súa autorización previa, que poderá facilitarnos mediante a casiña correspondente establecida ao efecto. / Lexitimación: Unicamente trataremos os seus datos co seu consentimento previo, que poderá facilitarnos mediante a casiña correspondente establecida ao efecto. / Destinatarios: Con carácter xeral, só o persoal da nosa entidade que estea debidamente autorizado poderá ter coñecemento da información que lle pedimos. / Dereitos: Ten dereito a saber que información temos sobre vostede, corrixila e eliminala, tal e como se explica na información adicional dispoñible na nosa páxina web. / Información adicional: Más información no apartado “Os seus datos seguros” da nosa páxina web.