Bacharelato
Obxectivos da Etapa
- Proporcionar formación, madureza intelectual e humana, coñecementos e habilidades que lles permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia.
- Capacitar o/a alumno/a para acceder á educación posterior. Aplicar prácticas a procedementos de autonomía, planificación, esforzo e traballo persoal.
- Lograr que o/a alumno/a sexa protagonista do seu proceso de aprendizaxe, aprendendo de forma cooperativa.
- Potenciar as calidades do individuo facendo dos nosos/as alumnos/as persoas conscientes, críticas, comprometidas e responsables, preparadas para afrontar o futuro.
Programas La Salle desta etapa integrados en NCA