Ámbitos de Aprendizaxe e Narrativas NCA en Educación Secundaria

Ámbitos

Acollida

E o ámbito de experiencia que prepara o alumno para o que vai vivir.

Seminario

É o ámbito onde se produce o encontro entre persoa e coñecemento, onde ten cabida o contido curricular. É o espazo do SABER.

Obradoiro

É o ámbito no que o alumno se constrúe a si mesmo e é protagonista da súa aprendizaxe. É o espazo do SER.

Proxecto

É o ámbito onde os alumnos traballan transversalmente todos os principios NCA, aprendendo da experiencia. É o espazo do FACER.

Peche

É o momento da avaliación, a reflexión e a celebración do vivido.

Narrativas

As narrativas de aprendizaxe son unha forma de organizar a aula, o tempo e os contidos do currículo. Desta forma favorecemos a aprendizaxe integral e integrado.

As narrativas funcionan como funciona o noso mundo. Fronte aos esquemas ríxidos do pasado, nos que cada materia versaba sobre o seu, o mundo global no que vivimos esíxenos pensar en novos marcos interdisciplinarios e interconectados para comprender as claves da nosa historia e o noso presente e poder así debuxar o futuro.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.