Logo Logo Logo Logo
  • Carácter Propio
  • Etapas Educativas
    • Educación Infantil
    • Educación Primaria
    • Educación Secundaria
    • Bacharelato
    • FP
    • Universidades
  • NCA
  • Mapa de Centros
  • Ética – Protección
  • Contacta
  • Canal de información interna
  • Galego
    • Español
    • Català
    • Euskara
    • Português
  • Carácter Propio
  • Etapas Educativas
    • Educación Infantil
    • Educación Primaria
    • Educación Secundaria
    • Bacharelato
    • FP
    • Universidades
  • NCA
  • Mapa de Centros
  • Ética – Protección
  • Contacta
  • Canal de información interna
  • Galego
    • Español
    • Català
    • Euskara
    • Português

Ulises

Programa de Estimulación Temperá en distintos ámbitos do desenvolvemento



 

Área Redes Neuronais

O noso obxectivo é a estimulación e enriquecemento das estruturas neuronais que facilitan a entrada e o tránsito de información audio-visual. Estas estruturas formarán redes organizadas que permitirán que o pensamento e o coñecemento flúa con maior eficacia no presente e no futuro. Para iso dispoñemos dun tempo crítico (2 a 7 anos).

 

Utilizamos o procedemento ideado por Glenn Doman nun programa de elaboración propia que conta con máis de mil bits de información visual e dez mil de información auditiva organizada en distintas categorías do saber: ciencia, arte, natureza, sociedade, personaxes, etc.

 

Contamos cunha versión de estimulación neuronal en clave lectora, Sensor. Trátase de utilizar estímulos verbais ou palabras, vinculados ao obxecto que representan, para xerar imaxes coas que relacionar o proceso lector cando se inicie de xeito formal (sistema fonolóxico – silábico).

 

Área Psicomotriz – Circuítos Para o Desenvolvemento da Lateralidade 

Estimulación do desenvolvemento senso-neuro-motriz en tempo crítico (3 a 7 anos).

 

Este programa baséase no desenvolvemento natural do sistema nervioso do ser humano ata alcanzar a madureza que permite a funcionalidade do mesmo, respectando a diversidade de ritmos e peculiaridades. Trátase de acompañar e favorecer o devandito proceso propoñendo de forma dirixida posturas, movementos e desprazamentos debidamente programados para unha boa coordinación perceptivo – motora e o establecemento dunha lateralización axeitada. Este é un dos procesos de desenvolvemento básicos non só a nivel de prevención senón tamén como facilitador de destrezas tanto de coñecemento (direccionalidade ou referentes espaciais) como motrices (ritmo, equilibrio ou axilidade), persoais (orde ou seguridade) e sociais (autocontrol ou regulación).

 

Área Perceptivo-Cognitiva

Estimulación para o desenvolvemento de capacidades cognitivas e a automatización dunha secuencia de pensamento lóxico.

 

O noso obxectivo é traballar cos nosos nenos e nenas desdeo comezo da súa escolaridade un dos ámbitos de desenvolvemento que tradicionalmente se veu vinculando á escola, pero que se asociaba a idades posteriores polo seu compoñente abstracto: comprender, razoar, resolver problemas, etc. A experiencia dinos que desde unha idade moi temperá os nosos nenos identifican, comparan, relacionan e toman as súas decisións. Na área perceptivo – cognitiva axudámolos a poñer palabras ao que significa pensar, ás distintas formas de pensar e como se fai. Pretendemos dotalos de rutinas e destrezas de pensamento que poidan aplicar ás distintas situacións que lles toque vivir. Pretendemos xerar hábitos de pensamento que lles permitan aprender a pensar e a aprender en clave de lóxica e razoamento.

We are using cookies to give you the best experience on our website.

You can find out more about which cookies we are using or switch them off in .

Powered by  GDPR Cookie Compliance
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.

Strictly Necessary Cookies

Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.

If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.

3rd Party Cookies

This website uses Google Analytics to collect anonymous information such as the number of visitors to the site, and the most popular pages.

Keeping this cookie enabled helps us to improve our website.

Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!

Additional Cookies

This website uses the following additional cookies:

(List the cookies that you are using on the website here.)

Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!