Optimis
Programa para o Desenvolvemento das Capacidades Lóxicas ou Pensamento Vertical
Todos os programas que aplicamos teñen a finalidade de activar e mellorar distintos aspectos do desenvolvemento desde unha visión de complementariedade e adecuación ao momento evolutivo do alumnado.
O proceso de aprendizaxe continua require de todos os recursos cognitivos, emocionais, persoais e sociais da persoa. Aínda que funcionan simultaneamente abordamos cada un deles nun intento de facernos conscientes e desde aí poder utilizalos con eficacia, eficiencia e seguridade.
O pensamento vertical é o que nos permite resolver problemas e adaptarnos ás demandas das rutinas cotiás. Necesitamos saber que é pensar e como facelo ben. É unha formulación que se inicia en Educación Infantil na área perceptivo-cognitiva e continua ao longo das distintas etapas educativas. Ademais de coñecer (datos, sucesos, fórmulas e teorías) trátase de pensar (procesar, xestionar a información, establecer relacións, inducir e deducir, etc.).